Autor: Anpa Veleiro Docampo
-
Patios vivos
Coa intención de mellorar e enriquecer o patio do noso cole, o pasado 5 de marzo levamos a cabo unha xornada de traballo onde, coa axuda da cesteira Lola Tourón, varias familias levantamos esta fermosa cabana feita con vimbio plantado que, en breve, tupirá de verde co agromar das follas. Nenxs e adultxs traballaron arreo,…
-
Resumo do primeiro trimestre 24-25
O primeiro trimestre deste curso 2024-2025 veu cargado de actividades para pequen@s e grandes: – Samaín concilia: foi unha xornada de actividades e diversión arredor da festividade do Samaín, creada para axudar ás familias na conciliación nun día laborable mais non lectivo para as crianzas, o 31 de outubro, Día do Ensino. – A Anpa…
-
Outono xa chegou…
Moi boas, familias! O outono xa chegou e, con el, as ganas de ir apañar castañas ou acorns* (se os vosos peques están indo á extraescolar de Inglés, seguro que xa sabedes de que falamos). Prevemos unha estación chea de actividades da ANPA e que esperamos que sexan do voso agrado. Ide consultando de cando…
-
EXTRAESCOLARES ANPA CURSO 2024-2025
Nos seguintes despregables podes consultar toda a info sobre as actividades que ofrecemos para este curso. Se despois de a leres, aínda che queda algunha dúbida, escríbenos: anpaveleirodocampo@yahoo.es
-
Novo curso escolar e novos desafíos
En poucos días dá comezo un novo curso escolar, aínda que para moitas de nós non houbo desconexión estival no que aos asuntos do cole se refire. Como saberedes a maioría, este verán tocou pelexar duro polos dereitos do alumnado galego, sobre todo polo alumnado do rural, ese que segue estando de último na fila…
-
Benvidxs á web da ANPA do CEIP Veleiro Docampo
No pasado mes de outubro botou a andar unha ANPA renovada, despois de algúns anos de silencio. Estamos a traballar por crear un espazo moito mellor para os/as nosos/as fillos/as, poñendo o foco en actividades, traballos, peticións a institucións públicas e iniciativas que sexan inclusivas, conciliadoras e baseadas nunha educación adaptada aos/ás máis pequenos/as, sexa…