Autor: Anpa Veleiro Docampo
-
Saída á Casa Grande de Xanceda
O venres 14 de novembro, fixemos unha saída en horario de tarde á Casa Grande de Xanceda. Cando chegamos, fixeronnos un breve recorrido pola sua historia, para despois pasarnos a ensinar as instalacións e todos os animais que nelas conviven. Ademais, de ensinarnos a sala de muxido e a sua Iogurtería. Finalmente, degustamos unha supermerenda…
-
Educación en igualdade
Este ano a Anpa foi beneficiaria da subvención de Igualdade, impulsada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e financiada en desenvolvemento do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero. O alumnado foi beneficiario de obradoiros de igualdaldade, con actividades coeducativas a través do teatro e a radio. Este foi o caso…
-
Da Escola á Granxa. Un ano máis!
Todos os nenos e nenas de primaria, tiveron excursións, grazas ao programa “Da Escola á Granxa”*, subvencionado pola Área de Medio Rural da Deputación Provincial de Lugo, que os levou a coñecer lugares fantásticos! Durante os diferentes días de saída, os nosos pequenos exploradores tiveron a oportunidade de visitar: MUVICLA (Láncara) OS ARROXOS (Castro de…
-
SAMAÍN CONCILIA
Queridas familias, un ano máis, poñemos á vosa disposición unha xornada lúdica para as vosas crianzas, aproveitando a ponte de novembro, e coa intención de botar unha man na conciliación deses días non lectivos. Contaremos con ARIeM Educación, que nos fixeron unha proposta “monstruosa” para que as nosas crianzas desfruten a tope nese día. Podedes…
-
EDUCACIÓN EN IGUALDADE
Dentro do programa de Educación en Igualdade que promovemos desde a ANPA neste curso académico, e para o cal recibimos unha subvención da Consellería de Política Social e Igualdade, informámosvos de que o próximo mércores, 1 de outubro, terá lugar unha charla (online) dirixida a familias. Estará dirixida por Pilar Porral, directora de Coeduc@ (a…
-
EXTRAESCOLARES ANPA CURSO 2025-2026
Nos seguintes despregables podes consultar toda a info sobre as actividades que ofrecemos para este curso. Se despois de a leres, aínda che queda algunha dúbida, escríbenos: anpaveleirodocampo@yahoo.es
-
Un curso cheo de actividade!
Chegou o momento de descansar, despois dun ano cheo de traballo na ANPA do Veleiro. Cada ano intentamos buscar e poñer á disposición das familias todos os recursos que podemos. Este ano, alén das actividades que víñamos ofrecendo (extraescolares, charlas, festas, excursións…) sentímonos moi orgullosas por ter conseguido as subvencións de Corresponsabilidade e de Promoción…
-
Movemento Adolescencia Libre de Móbiles
Que é o MOVEMENTO ADOLESCENCIA LIBRE DE MÓBILES? Adolescencia Libre de Móbiles son miles de familias preocupadas pola relación da nosa infancia e adolescencia cos smartphones e as redes sociais, unha tecnoloxía que pon internet ao seu alcance en calquera momento e lugar, afectando á súa sociabilidade, aprendizaxe, concentración, sono e autoestima, ademais de favorecer…
-
Campamento concilia
Co fin de complementar o servizo de campamento de verán ofertado polo noso concello, e grazas á axuda do Plan Corresponsables da Consellería de Política Social e Igualdade, anunciámosvos un servizo de campamento para a semana do 23 ao 27 de xuño, e a semana do 1 ao 5 de setembro de 2025. A continuación…
-
Festa Fin de Curso
O curso vai chegando ao seu fin e queremos despedilo con moita diversión! Por iso xa estamos a preparar unha grande festa para a rapazada. Non sería posible sen o apoio das familias socias, do colexio e do concello. Moitas grazas a todxs!