
Coa intención de mellorar e enriquecer o patio do noso cole, o pasado 5 de marzo levamos a cabo unha xornada de traballo onde, coa axuda da cesteira Lola Tourón, varias familias levantamos esta fermosa cabana feita con vimbio plantado que, en breve, tupirá de verde co agromar das follas.
Nenxs e adultxs traballaron arreo, para inserir un novo espazo de acubillo, para a calma, para o xogo… creando sinerxias e sentimento de pertenza da comunidade educativa.
Desde a ANPA agradecemos, unha vez máis, ao equipo directivo do centro, que nos faciliten participar activamente dando vida á escola.
Deixa unha resposta