A presente Política de Privacidade establece os termos nos que a ANPA Veleiro Docampo emprega e protexe a información que as persoas usuarias da web lle poidan proporcionar. A nosa asociación está comprometida coa seguridade dos datos e das persoas usuarias. Se vos pedimos encher os campos de información persoal coa que podedes ser identificadas, facémolo asegurándonos que só será empregada de acordo aos termos deste documento. Malia iso, esta política de privacidade pode cambiar co tempo ou ser actualizada, polo que vos recomendamos revisar esta páxina para asegurarvos de estar de acordo con ditos cambios.
Información que recollemos
Desde a nosa web podemos recoller información persoal (nome, información de contacto, enderezo electrónico, etc.). Así mesmo, cando sexa necesario, poderá ser requirida información específica para inscricións en actividades, por exemplo.
Uso da información recollida
A nosa web emprega a información co fin de proporcionar o mellor servizo posible ás persoas usuarias.
Enlaces a Terceiros
A nosa web contén enlaces a outras páxinas web que poden ser do voso interese. Unha vez que fagades clic neses enlaces, e abandonedes a nosa páxina, xa non teremos control sobre a web á que vos dirixides, polo que non somos responsables dos termos de privacidade nin da protección dos vosos datos nestes outros sitios (eles terán as súas propias políticas de privacidade, polo que é recomendable que as consultedes para confirmar se estades conformes con elas).
Control da vosa información persoal
A ANPA Veleiro Docampo non cederá nin distribuirá a información persoal que sexa recollida, sen o voso consentimento, a non ser que sexa requirido por un xuíz con orde xudicial.
Queda reservado o dereito de cambiar os termos desta política de privacidade en calquera momento.