No pasado mes de outubro botou a andar unha ANPA renovada, despois de algúns anos de silencio.
Estamos a traballar por crear un espazo moito mellor para os/as nosos/as fillos/as, poñendo o foco en actividades, traballos, peticións a institucións públicas e iniciativas que sexan inclusivas, conciliadoras e baseadas nunha educación adaptada aos/ás máis pequenos/as, sexa cal sexa o seu nivel ou situación.
Cremos tamén na importancia dos valores e de facelos chegar aos nenos e nenas e ás familias, desde actividades ou servizos prestados por asociacións como a nosa.
Desde outubro xa levamos a cabo as seguintes accións:
- Falar con organismos públicos para propoñer melloras e apoio para que o CEIP Veleiro Docampo sexa un centro digno.
- Melloras no colexio.
- Solicitude de axudas para podermos ofrecer opcións de conciliación polas tardes, para actividades en días festivos e para a realización de actividades en materia de Igualdade.
- Formámonos sobre temas legais, xestión de Anpas, diferentes metodoloxías de formación…
Seguimos traballando, informándonos, aprendendo e loitando por unha Escola mellor para os/as nosos/as nenos/as e as súas familias. Por iso, moitas grazas polo teu apoio! Cantas máis familias sexamos, máis posibilidades temos de conseguir axudas (este é un dato que moitas familias descoñecen, polo que che agradecemos que nos axudes a concienciar as que aínda non se asociaron).
Deixa unha resposta