A actual ANPA constituiuse no mes de outubro de 2023 e, desde ese momento, dedicamos todos os nosos esforzos en mellorar a convivencia, as instalacións e a oferta de lecer e conciliación da nosa comunidade educativa.
Son tarefas habituais:
- Falar con organismos públicos para propoñer melloras e apoio para que o CEIP Veleiro Docampo teña todas as necesidades cubertas.
- Solicitude de axudas para podermos ofrecer opcións de conciliación polas tardes, ou en días festivos, e para a realización de actividades en materia de Igualdade.
- Xestión de actividades extraescolares que complementen a oferta municipal.
- Xestión de obradoiros, charlas e excursións de carácter pedagóxico e lúdico para desfrute do alumnado en horario lectivo, que complemente a propia oferta do colexio.
- Asesoramento ás familias e defensa dos seus dereitos -cando estes se vexan vulnerados- así como representación, cando sexa necesario, ante os órganos que corresponda en cada caso.
- Manter as familias informadas de cantas cuestións afecten ao bo funcionamento da comunidade escolar, así como de calquera actividade que poida ser de interese (charlas, actividades, axudas, noticias…).
Traballamos, cada día, para crear un espazo moito mellor para os/as nosos/as fillos/as, poñendo o foco en actividades, peticións a institucións públicas e iniciativas que sexan inclusivas, conciliadoras e baseadas nunha educación adaptada aos/ás máis pequenos/as, sexa cal sexa o seu nivel ou situación.
Cremos tamén na importancia dos valores e de facelos chegar aos nenos e nenas e ás familias, desde actividades ou servizos prestados por asociacións como a nosa.
Seguimos traballando, informándonos, aprendendo e loitando por unha escola mellor para os/as nosos/as nenos/as e as súas familias. Por iso, moitas grazas polo teu apoio! Cantas máis familias sexamos, máis posibilidades temos de conseguir axudas e melloras.