Resumo do primeiro trimestre 24-25

O primeiro trimestre deste curso 2024-2025 veu cargado de actividades para pequen@s e grandes:

– Samaín concilia: foi unha xornada de actividades e diversión arredor da festividade do Samaín, creada para axudar ás familias na conciliación nun día laborable mais non lectivo para as crianzas, o 31 de outubro, Día do Ensino.

– A Anpa do Ceip Veleiro Docampo foi beneficiaria do programa “Da escola á granxa”, subvencionado pola Deputación de Lugo, no ano 2024.

Esta foto corresponde á visita que realizou o alumnado de 5º e 6º de Primaria á gandería de Alejandro Salvatierra, na Pontenova, o pasado 7 de novembro🐮 🐷 🐴

E houbo outras dúas saídas máis, neste curso 2024-2025, a primeira delas foi destinada ao alumnado de 4º EP, visitando Milhulloa e, a segunda, para o alumnado de 2º e 3º de EP, na que acudiron ás instalacións das galletas mariñeiras Daveiga.

Pero ademais destas saídas, fixéronse tres obradoiros no colexio, impartidos pola asociación ADEGA. Dous deles, xa no curso 2023-2024 e outro neste pasado mes de novembro.

Os nosos agradecementos polo bo trato recibido, en cada unha das saídas e obradoiros realizados. Sabemos que os/as nenos/nenas desfrutaron moito.

Queremos aproveitar para sinalar a importancia de asociarvos á ANPA, se aínda non o fixestes, pois cantos máis socios sexamos, mais posibilidade temos de beneficiarnos de axudas ou subvencións deste tipo‼️ Axúdanos a seguir‼️

– Puxemos á disposición das familias asociadas formacións de diverso tipo, ben difundindo todo aquilo que chega de interese á nosa caixa de correo, como organizando charlas no propio centro educativo. Neste trimestre organizamos 2 charlas:

►Familia e novas tecnoloxías, impartida por María Rodríguez Navarro, de Cruz Roja.

►Calzado respectuoso, impartida pola podóloga Laura Fariñas e a fisioterapeuta Eva Rodríguez.

– E para acabar o ano, a Festa de Nadal, con xogos, obradoiros, merenda e a esperada visita do Apalpador, que conversou coas crianzas sobre a importancia de conservarmos os bosques e a biodiversidade. Por suposto, tamén deixou un detalliño para eles e elas.


Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *