Moi boas, familias!
O outono xa chegou e, con el, as ganas de ir apañar castañas ou acorns* (se os vosos peques están indo á extraescolar de Inglés, seguro que xa sabedes de que falamos).
Prevemos unha estación chea de actividades da ANPA e que esperamos que sexan do voso agrado. Ide consultando de cando en vez esta entrada, porque ha de irse actualizando coas novidades que vaian chegando.
A primeira cita que temos é a ASEMBLEA XERAL ANUAL, da que todos/as socios recibiríades convocatoria por correo-e (se sodes socios e non a recibistes, por favor, avisádenos!), que será o próximo 23 de outubro.
O día 30 de outubro, ás 18:30h, contaremos unha interesantísima charla-obradoiro sobre CALZADO RESPECTUOSO (dirixida a adultos/as). Se queredes anotarvos, podedes facelo a partir desta ligazón.
No día seguinte, 31 de outubro, celébrase o Día do Ensino, polo que non hai cole, e iso é complicado de xestionar para moitas familias, xa que é un xoves. Por iso, desde a ANPA ofrecémosvos unha alternativa de conciliación: o SAMAÍN CONCILIA, en horario de 10:00 a 14:00h. Se queredes anotar xs vosxs peques, tamén podedes facelo nesta ligazón. Neste caso, as prazas son limitadas a 20 inscritos/as, polo que se xa sabes que o vas precisar, fai a reserva canto antes (a reserva só está confirmada unha vez recibido o pagamento).
E non hai outono sen MAGOSTO, polo que temos intención de organizar unha xornada festiva para todas as FAMILIAS SOCIAS da ANPA, que terá lugar o venres 15 de novembro, e da que recibiredes todos os detalles en breve, por correo-e.
Vémonos!!
*acorns son as landras 🙂
Deixa unha resposta