Todos os nenos e nenas de primaria, tiveron excursións, grazas ao programa “Da Escola á Granxa”*, subvencionado pola Área de Medio Rural da Deputación Provincial de Lugo, que os levou a coñecer lugares fantásticos!
Durante os diferentes días de saída, os nosos pequenos exploradores tiveron a oportunidade de visitar:
MUVICLA (Láncara)
OS ARROXOS (Castro de Rei)
FOGARES E APOIO AO MENOR LAR (Muimenta)
TRALOAGRO (Friol)
A diversión e a aprendizaxe estiveron aseguradas en cada parada! Os nenos e nenas pasárono en grande, levando para casa recordos inesquecibles.
Grazas, de corazón, ao programa “Da Escola á Granxa”, por facer posible esta aventura!
Esperamos con ilusión poder repetir esta marabillosa experiencia o ano que vén!










*O programa Da Escola á Granxa foi xestionado pola ANPA en colaboración co CEIP Veleiro Docampo e grazas ao apoio económico da Deputación de Lugo.

Deixa unha resposta