Saída á Casa Grande de Xanceda

O venres 14 de novembro, fixemos unha saída en horario de tarde á Casa Grande de Xanceda. Cando chegamos, fixeronnos un breve recorrido pola sua historia, para despois pasarnos a ensinar as instalacións e todos os animais que nelas conviven. Ademais, de ensinarnos a sala de muxido e a sua Iogurtería. Finalmente, degustamos unha supermerenda eco.

Canto disfrutaron os nenos/as:

  • Deronlles o bibe aos terneiros mais novos, foron en tractor alimentar ás vacas embarazadas ou con bebés peques.
  • Falaronlles dos mastíns e dos burros, que conviven con eles no seu terreo, para previr que veña o lobo atacar ás suas vacas.
  • Alimentaron aos coellos con berzas e acariñaronos moito.
  • Seguimos o percorrido e deronlles avea ao porcos vietnamitas, ás cabras, ovellas e ponis.
  • Fixeron tamén un semilleiro con landras, para despois levar eses carballos ás zonas afectadas en Galicia polo lume este verán.
  • Aprenderon a muxir unha vaca.

Unha tarde moi entretida e divertida!!


Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *