Taller de alimentación saudable

A infancia e a adolescencia son as etapas da vida nas que se adquiren hábitos. Polo tanto, é cando a educación alimentaria é moi importante para adquirir as habilidades e coñecementos alimentarios axeitados.

Por iso, imos levar a cabo, un taller de alimentación saudable para o alumnado, onde os/as nenos/nenas aprenderán a través do xogo e a diversión.

Os/as mais pequenos/as, aprenderán a través de actividades sensoriais e conto; e os/as nenos/as maiores de 7 anos, aprenderán preparando “ensaladas tolas”.

O taller será impartido por Nutricoles, o xoves 29 de xaneiro, en dous grupos, ás 16:30 e 17:30, en función da idade do/a neno/a.

Os/as nenos/as de infantil e 1º e 2º de primaria, irían no grupo das 16:30. Os/as nenos/as  dende 3º a 6º de primaria, no grupo das 17:30.

O prezo por neno/a será de 10€. Realizarase ingreso na conta da Anpa: ES50 0049 2829 9528 1403 7646. Poñendo de concepto o nome do/a neno/a + Taller alimentación.

É preciso cubrir o formulario e enviar xustificante do ingreso ao correo da Anpa: anpaveleirodocampo@yahoo.es. Posteriormente a iso, enviaremos confirmación da praza.

Data límite inscrición: 25 de xaneiro.

Agardamos que sexa do voso interese.

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe1PmE3KXvOiP_S4GqxvTv0wVI5zkw1JJNAe9ZunOwzOUiKUg/viewform


Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *