Nos seguintes despregables podes consultar toda a info sobre as actividades que ofrecemos para este curso. Se despois de a leres, aínda che queda algunha dúbida, escríbenos: anpaveleirodocampo@yahoo.es
ROBÓTICA
Canto? 1 hora semanal, durante o curso escolar, de outubro a maio.
Quen? De 1º a 6º de primaria*
Cando? Mércores de 15.30 a 16.30h. GRUPO COMPLETO
Prezo? 25€ mensuais + matrícula (a matrícula é gratuíta para as familias asociadas á ANPA).
Lugar? aula de informática do cole (no 1º andar do edificio principal).
Podes consultar a metodoloxía aquí:
* Para poder levar a cabo a actividade é preciso xuntar un grupo dun mínimo de 8 nenos/as.
CENTRO DEPORTIVO D10
A nosa ANPA acaba de asinar un convenio de colaboración con este centro deportivo, polo cal todos/as os/as nenos/as asociados/as se benefician dun importante desconto nas actividades deportivas que alí se ofertan.
O convenio abrangue do 1 de setembro ao 30 de xuño, polo que se xa sodes usuarias de algunha das actividades que detallamos a continuación, podedes solicitar que vos apliquen o desconto desde o pasado 1 de setembro.
A matrícula en máis dunha escola tamén ten un desconto adicional (a actividade de patinaxe non forma parte das “escolas”).
Xornadas de portas abertas: do 7 ao 21 de setembro
ACTIVIDADE PATINAXE
Canto? 1 sesión semanal (cada sesión ten unha duración de 1 hora).
Quen? A partir de 4 anos.
Cando? Venres 18-19h (iniciación); venres 19-20h (básico/avanzado).
Prezo? 10€ mensuais / 1 sesión semanal
Lugar? Instalacións do centro D10. Os desprazamentos correrían a cargo das familias.
ESCOLA DE NATACIÓN
Canto? 1 ou 2 sesións semanais (cada sesión ten unha duración de 45 min.)
Quen? A partir de 3 anos.
Cando? Horario e día da semana a escoller entre a oferta dispoñible no centro.
Prezo? 25€ mensuais / 1 sesión semanal ou 39€ mensuais / 2 sesións semanais
Lugar? Instalacións do centro D10. Os desprazamentos correrían a cargo das familias.
ESCOLA DE PÁDEL E ESCOLA DE TENIS
Canto? 1 ou 2 sesións semanais (cada sesión ten unha duración de 1 hora).
Quen? A partir de 5 anos
Cando? Horario e día da semana a escoller entre a oferta dispoñible no centro.
Prezo? 25€ mensuais / 1 sesión semanal ou 35€ mensuais / 2 sesións semanais
Lugar? Instalacións do centro D10. Os desprazamentos correrían a cargo das familias.
Para máis info, matrícula ou dúbidas, dirixirse directamente ao D10 indicando que sodes socios da ANPA do cole de Castro (o centro contará coa listaxe de socios que teñan asinada a protección e cesión de datos).
INGLÉS
GRUPOS REDUCIDOS (máximo 10). Metodoloxía dinámica (non é “pasantía”).
Canto? 1 sesión semanal (1 hora e media)
Quen? A partir de 3 anos
Cando? Xoves de 15.30 a 17h (hai 3 prazas libres).
Prezo: 35€/mes + matrícula (matrícula gratuíta para socios/as ANPA)
Lugar: Colexio
Se desexas inscribirte envíanos un correo: anpaveleirodocampo@yahoo.es

Deixa unha resposta