O mércores 14 de xaneiro ás 17:00, vai a vir ao Ceip Veleiro Docampo, a psicóloga da Cruz Vermella no Comité Provincial de Lugo, Violeta Vázquez Lence, para impartir esta formación ás familias.
O fogar é a primeira escola do ser humano e onde se adquiren as primeiras nocións da vida, inculcan valores e preparan ao neno/a de cara á súa vida. Por iso, é importante traballar o entorno familiar que rodea ao neno/a. As mostras de afecto, ter unha boa comunicación e relación familiar, vivindo nun ambiente de unión, tolerancia, cariño e aceptación van a xogar un papel importante no aspecto emocional, na sua confianza, seguridade, valores, costumes, actitudes…
Por todo iso, decidimos que esta era unha formación que podía resultar de moita utilidade ás familias e coidadores. Agardamos que sexa do voso interés.

Deixa unha resposta