Educación en igualdade

Este ano a Anpa foi beneficiaria da subvención de Igualdade, impulsada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e financiada en desenvolvemento do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero.

O alumnado foi beneficiario de obradoiros de igualdaldade, con actividades coeducativas a través do teatro e a radio.

Este foi o caso dos nenos/as de 6º EP (dos que se adxuntan imaxes), que se converteron en locutores para traballar a igualdade de xénero dun xeito divertido e concienciador.

O alumnado fixo un traballo incrible gravando un programa onde, de forma lúdica e divertida, puxeron a cero os estereotipos de xénero e dixeron NON á violencia de xénero.

As familias tamén puideron beneficiarse dunha charla online de educación en igualdade, impartida por Pilar Corral.


Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *