Ocioteca curso 26-27

Ola familias!

Estamos a piques de comezar un novo curso escolar, e este ano estamos ledos por poder ofertar ocioteca de tarde dende o 09/09/26 ata o 21/06/27, nos días lectivos, para poder axudarvos coa conciliación familiar.

Será en horario de 15:30 a 17:30 horas, para idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

Podese solicitar facer uso dela por trimestres, marcando nas casiñas o trimestre ou trimestres nos que se precisa, ou por días soltos.

Xa que, as prazas son limitadas, daremos prioridade a orde de inscrición e tamén ao tempo no que @ nen@ necesite facer uso dela. Sempre é cando haxa dispoñibilidade de prazas, manteremos inscricións abertas durante o curso escolar, por se alguén o precisara durante o transcurso do mesmo.

Na solicitude anexada, ven toda a información que precisades.

Se tedes algunha dúbida, non dudedes en consultarnos, ou nos correos anpaveleirodocampo@yahoo.es, anpaveleirodocampo27260@gmail.com ou no teléfono da Anpa: 613335935.

Anexamos tamén, unha autorización para a recollida d@s nen@s, por se non tedes espacio suficiente na solicitude.


Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *