EXTRAESCOLARES ANPA CURSO 2025-2026

Nos seguintes despregables podes consultar toda a info sobre as actividades que ofrecemos para este curso. Se despois de a leres, aínda che queda algunha dúbida, escríbenos: anpaveleirodocampo@yahoo.es

ROBÓTICA

Canto? 1 hora semanal, durante o curso escolar, de outubro a maio.

Quen? De 1º a 6º de primaria

Cando? Mércores de 15.30 a 16.30h. De outubro a maio.

Prezo? 25€ mensuais + matrícula (a matrícula é gratuíta para as familias asociadas á ANPA).

Lugar? CEIP Veleiro Docampo

Podes consultar a metodoloxía aquí:

INGLÉS

Canto? 1 sesión semanal (1 hora)
Quen? A partir de 3 anos
Cando? Xoves de 15.30 a 16.30h, de 16:30 a 17:30 e de 17:30 a 18:30. De outubro a maio.
Prezo: 35€/mes + matrícula (matrícula gratuíta para socios/as ANPA)
Lugar: Colexio

Actividade lúdica en lingua inglesa orientada a mellorar a expresión oral e a comprensión auditiva, así como a cultura inglesa mediante xogos, conversas,
dinámicas de grupo, xogos ao aire libre, horta, etc.
O obxectivo é crear un espazo distendido onde os nenos e nenas poidan practicar o inglés de forma natural, divertida, relaxada e significativa.

A actividade desenvolverase en grupos reducidos, cun número de entre 5 e 10 participantes.
A división de grupos será por etapa educativa (infantil, 1º, 2º e 3º ciclo de primaria). Estes grupos poderán dividirse ou unificarse para cumprir co número de participantes, procurando que as idades dos nenos e nenas sexan o máis próximas posible.

ENTIDADE ORGANIZADORA: Chat & Chill Kids Club – ARIeM educación (Meira)

CENTRO DEPORTIVO D10

A nosa ANPA renovou o convenio de colaboración con este centro deportivo, polo que todos/as os/as nenos/as asociados/as se benefician dun importante desconto nas escolas deportivas que alí se ofertan, ata o 30 de xuño de 2026.

Para desfrutar dos descontos, só tedes que indicar a vosa pertenza á ANPA no momento da inscrición.

Neste momento, as escolas dispoñibles son: TENIS, PADEL e NATACIÓN.

Toda a información que precisedes podedes solicitala chamando ao 982 986 035 [no horario de atención ao público:  L-V (10:00-14:00/ 16:00-21:00); S (10:00-13:00], por correo-e no enderezo administracion@sportd10.com, ou ben presencialmente (Estrada Ferreira- Mosteiro S/N, Centro Deportivo D10, Outeiro de Rei, 27150).

BALONCESTO

Canto? 1h semanal (de outubro a maio)
Quen? De 6 a 12 anos
Cando? venres, de 17.30h a 18.30h
Prezo: 15€ (familias non socias terán taxa de matrícula adicional de 20€)
Lugar: Colexio

INCLÚE REXISTRO EN “XOGADE” E SEGURO.

ENTIDADE ORGANIZADORA: CB do Lea

OCIOTECA TARDES

Canto? 2 horas diarias (1º trimestre)
Quen? A partir de 3 anos
Cando? de luns a venres, de 15.30h a 17.30h
Prezo: 60€ (pago único para todo o trimestre), con descontos para irmáns (1º irmán 50€; 2º irmán e sucesivos 25€); ou ben días soltos por 5€.
Lugar: Colexio

ENTIDADE ORGANIZADORA: Ludus Tempori


Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *