
Dentro do programa de Educación en Igualdade que promovemos desde a ANPA neste curso académico, e para o cal recibimos unha subvención da Consellería de Política Social e Igualdade, informámosvos de que o próximo mércores, 1 de outubro, terá lugar unha charla (online) dirixida a familias. Estará dirixida por Pilar Porral, directora de Coeduc@ (a primeira consultoría de coeducación en Galiza).
Será ás 18:30h, e para conectarvos deberedes entrar NESTA LIGAZÓN no día e hora indicado.
Dentro deste programa educativo, ademais, xs nosxs fillxs tamén gozarán dunha xornada de teatro coeducativo e, xs máis maiores gravarán un programa de radio. O calendario para estas actividades (en horario escolar) é o seguinte:
Martes, 30 de setembro: teatro 4ºEP e 5º A EP
Mércores, 1 de outubro: todos os cursos de EI, e 5ºB EP
Xoves, 2 de outubro: 1º, 2º e 3º EP
Mércores, 5 de novembro: 6ºEP (radio).

Deixa unha resposta