Un curso cheo de actividade!

Chegou o momento de descansar, despois dun ano cheo de traballo na ANPA do Veleiro.

Cada ano intentamos buscar e poñer á disposición das familias todos os recursos que podemos.

Este ano, alén das actividades que víñamos ofrecendo (extraescolares, charlas, festas, excursións…) sentímonos moi orgullosas por ter conseguido as subvencións de Corresponsabilidade e de Promoción da Igualdade, da Xunta de Galicia, xa que nos permiten ampliar as opcións de conciliación que ofrece o noso concello (no caso da primeira) e de formación para familias (no caso da segunda).

O programa CORRESPONSABLES permítenos ofrecer campamentos nos períodos de verán nos que o concello non ofrece, e tamén nos vai permitir ofrecer servizo de conciliación polas tardes durante o primeiro trimestre do próximo curso 25-26. Son pequenos pasos, mais para nós moi importantes xa que en só dous anos conseguimos pór en marcha moitos servizos.

Todo isto é grazas a vós, FAMILIAS SOCIAS, que facedes posible todo isto co voso apoio. Todos estes logros son VOSOS.

E, como no curso pasado, no primeiro trimestre do 25-26 os vosos peques poderán volver desfrutar das saídas co programa DA ESCOLA Á GRANXA; continuaremos a ofrecer obradoiros e charlas para elxs mais tamén para nós, xs adultxs. E continuaremos coas bolsas de lecturas viaxeiras.

FELIZ VERÁN, FAMILIAS!


Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *