Co fin de complementar o servizo de campamento de verán ofertado polo noso concello, e grazas á axuda do Plan Corresponsables da Consellería de Política Social e Igualdade, anunciámosvos un servizo de campamento para a semana do 23 ao 27 de xuño, e a semana do 1 ao 5 de setembro de 2025.
A continuación deixámosvos todos os detalles e pasos a seguir para a inscrición dxs vosxs fillxs:
Datas: semana xuño (do 23 ao 27, ambos incluídos); semana setembro (do 1 ao 5, ambos incluídos).
Horario: 09:00 – 14:00h (opción de madrugadores de 07:45 a 09:00).
Lugar: CEIP Veleiro Docampo
Prezo/semana: 35€ (1 neno/a); 20€ (1ºirmán); 10€ (2ºirmán e seguintes).
Taxa de xestión (matrícula): 20€/familia (GRATUÍTA PARA FAMILIAS ASOCIADAS Á ANPA).
Prazo máximo para inscricións: 16/06/25
Empresa que leva a cabo as actividades: Ludus Tempori
Como apunto xs meus fillxs? Envíanos a ficha que os teus fillxs levarán para a casa (entréganllela no cole) ao seguinte correo-e: anpaveleirodocampo27260@gmail.com Debes encher todos os datos solicitados, nas 2 caras da folla (lembra marcar as casiñas relativas ás túas escollas sobre a protección de datos) e asinar tamén as 2 caras da folla. Unha vez que che confirmemos a inscrición, deberás realizar o pagamento correspondente nun prazo de 48h e enviarnos o comprobante ao mesmo enderezo de correo-e. É importante NON realizar o pagamento antes de que se vos confirme a inscrición, xa que as prazas son limitadas e cubriranse por orde de rexistro no mail.
Pagamento: na conta ES50 0049 2829 9528 1403 7646 (ANPA Veleiro Docampo) co nome das crianzas no ASUNTO.

Deixa unha resposta